Seguen as protestas do persoal dos centros de Política Social pola recuperación de dereitos recortados

Demandan uns servizos de atención ás persoas 100% públicos e de calidade
Nacional - 13 Nov 2020

O persoal dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social continuou onte, como cada xoves dende hai meses, coas concentracións diante dos seus centros de traballo para reclamar a recuperación dos dereitos laborais recortados coa escusa da crise en 2012 e para esixir uns servizos de atención ás persoas 100% públicos e de calidade.