Segunda xornada de folga en EMESA polo cobro dos salarios

Coirós - 20 Dec 2018

Os traballadores e as traballadoras de EMESA están secundando este xoves a segunda xornada de folga para esixir a empresa o pago inmediato dos salarios. O persoal volveuse concentrar ás portas da fábrica de Coirós (propiedade do Grupo Soil) en demanda do abono inmediato das nóminas de novembro, a paga extra de nadal e as horas extraordinarias que a compañía ten pendentes de pagar ao persoal de montaxe dende hai case seis meses.