Segunda xornada de folga indefinida en Valoriza Auga

A Coruña -

A segunda xornada da folga indefinida convocada en Valoriza Auga está rexistrando un seguimento do 100% do persoal. Os traballadores volveron levar as súas reivindicacións até a sede da empresa municipal de augas da Coruña (titular do servizo) para reclamar a súa intervención e a do Concello no conflito. Hai que lembrar que o persoal ten os salarios conxelados dende hai oito anos, a pesar de que neste tempo a empresa obtivo importantes beneficios, xa que durante a anterior lexislatura o Goberno municipal subíulle o prezo da hora nun 42%. Ademais, os salarios que figuran no prego da concesión non se corresponden cos salarios reais que perciben os traballadores, que están un 20% por debaixo.

Malia o seguimento masivo das seis xornadas de folga previas ao inicio do paro indefinido, a dirección de Valoriza Auga non puxo enriba da mesa unha nova oferta que permita recuperar o poder adquisitivo perdido polos traballadores neste tempo e avanzar nun acordo. Así as cousas, o persoal está disposto a continuar na loita até lograr un convenio digno e con dereitos.

Volver