Segunda xornada de folga no Grupo Deus

Ordes -

A segunda xornada de folga na téxtil Grupo Deus está a rexistrar un seguimento total. Dende primeiras horas, as traballadoras volveron concentrárse ás portas da fábrica no Polígono Industrial de Ordes, berrando contra un ERE que consideran unha auténtica fraude e o impago dos salarios. Para dar máis visibilidade a súa loita, o persoal vai realizar unha marcha a pé, a partir das 11:00 horas, dende a fábrica até a Alameda de Ordes.

Volver