Segur Ibérica deixa de prestar servizos en FIMO e Porta Nova

Ferrol -

O Concello de Ferrol vén de anunciar a licitación dun novo contrato para o servizo de  vixilancia privada de FIMO e Porta Nova, que deixará de estar en mans de Segur Ibérica. Segundo informaron dende o goberno local, mentres non se saca o contrato definitivo, estabelecerase un contrato de seis meses cunha nova empresa, á que será subrogado o actual cadro de persoal. Dende a CIG-Servizos saúdan a decisión, que debería ter chegado moito antes, dada a situación de continuados atrasos no pago de salarios que os traballadores/as de Segur Ibérica levan meses padecendo.

>>>Máis información sobre o conflito.

Volver