Seminario web: “A declaración de Israel como terroristas de seis ONGs palestinas. Custos e consecuencias”

Terá lugar este venres, día 29 de outubro, das 16:30 horas ás 18:00 horas
Internacional - 29 Out 2021

A CIG anima a participar no Seminario web que, baixo o título “A declaración de Israel como terroristas de seis ONGs palestinas. Custos e consecuencias”, terá lugar este venres, día 29 de outubro, das 16:30 as 18:00 horas. Para participar cómpre rexistrarse na seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/.../reg.../WN_Wy8YHvtVQ32K_Mj5G9rl4w

No Seminario participarán os líderes das seis organizacións:

Shawan Jabarin, Director Xeral de  Al-Haq.
Sahar Francis, Directora de Addameer, Asociación de Apoio aos Presos e polos Dereitos Humanos.
Khaled Quzmar, Director Xeral de Defensa dos nenos-Internacional.
Ubai al-Aboudi, Director Executivo de Bisan Centro de Investigación e desenvolvemento.
Fuad Abu Saif, Director Xeral da Union dos Comités de traballadores/as do Campo (UAWC)
Tahreer Jaber, Directora Executiva dos Comités de Mulleres Palestinas (UPWC).