Sindicalismo Galego na Transición

A Fundación Moncho Reboiras vai inaugurar mañá, martes 27, na Coruña a exposición "O Sindicalismo Galego na Transición (1972-1977). No acto participarán Manuel Mera, Director da Fundación, e Goretti Sanmartín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña.

A mostra poderase visitar no Pavillón de Estudantes da UdC -no Campus de Elviña-, até o próximo 16 de xaneiro.

Ademais, o mércores 28 de decembro, ás 20h, esta programada na Fundación Alexandre Bóveda, unha conferencia sobre “Nacionalismo galego e cuestión obreira no tardofranquismo (1969 a 1975)”, a cargo do historiador Uxío-Breogán Diéguez.

Volver