Solidariedade Sindical Internacional e apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela

Comunicado de apoio asinado por máis de 30 organizacións sindicais de todo o mundo

Internacional -

Máis de 30 organizacións sindicais de todo o mundo veñen de facer un público un manifesto de apoio á vía do diálogo e a paz en Venezuela, promovida polos gobernos de Uruguai e México, na base do respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e a soberanía nacional de Venezuela.

A seguir reproducimos o texto do manifesto:

Os sindicatos asinantes deste documento queremos manifestar o noso apoio á iniciativa proposta polos gobernos de Uruguai e México para instalar un diálogo pola paz en Venezuela baseada no respecto á lexitimidade democrática de Nicolás Maduro e á soberanía nacional de Venezuela. Por iso estendemos as seguintes consideracións para acompañar esta proposta co propósito de evitar e denunciar unha posíbel intervención militar estranxeira no continente:

  • Os sindicatos asinantes recoñecemos a lexitimidade democrática da Asemblea Nacional Constituínte e do seu presidente Nicolás Maduro, democraticamente elixido nas eleccións convocadas por dita Asemblea nunhas eleccións libres e democráticas. Por iso rexeitamos a estratexia para desestabilizar Venezuela e derrocar o presidente lexítimo democraticamente elixido.
  • Preocúpanos que a paz, a estabilidade, a cooperación e a integración na rexión estea baixo forte ameaza, produto do acoso e inxerencia externa na vida política venezolana.
  • Mentres que algúns actores apostan á guerra e á intervención, outros gobernos están impulsando con moitísimo esforzo un chamamento ao diálogo e á negociación como vías lexítimas do dereito internacional para resolver os conflitos.
  • Desde os nosos respectivos espazos e roles acompañamos e adherimos ás iniciativas de diálogo e negociacións políticas que teñen como obxectivo a paz na rexión e o mundo, e apoiamos a realización do próximo Cumio sobre Venezuela a realizarse en Montevideo.

6 de Febreiro do 2019

Organización Sindical

País

PIT CNT

Uruguay

Central Bolivariana Socialista de Trabajadores CBST

Venezuela

Central de Trabajadores de Cuba CTC

Cuba

Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil CTB

Brasil

Central de Trabajadores de la Argentina Autónoma (CTAA)

Argentina

Central de Trabajadores de la Argentina CTA

Argentina

Langile Abertzaleen Batzordeak LAB Sindikatua

País Vasco

Eusko Langileen Alkartasuna ELA

País Vasco

Confederación Intersindical Galega CIG

Galiza

CUT Galiza

Galiza

Unione Sindacale di Base USB

Italia

NEHAWU

Sudáfrica

Intersindical Alternativa de Catalunya IAC

Catalunya

Sindicato Andalúz de Trabajadores SAT

Andalucia

CUT Aragón

Aragón

Intersindical CSC de Catalunya

Catalunya

CST-JBE Nicaragua

Nicaragua

Frente Sindical Obrero de Canarias FSOC Canarias

Canarias

Intersindical Canaria

Canarias

COS Catalunya País

Països Catalans

Federació de treballadores de Catalunya FTC

Catalunya

UGT Sario Sáhara Occidental

Sáhara Occidental

Corriente Sindical de Izquierdas CSI

Asturies

STEILAS

País Vasco

ESK

País Vasco

Alternativa Sindical de Trabajadores AST

Estado Español

Workers Union Coalition

Palestina

Mandate

Irlanda

STC

Córcega

Intersindical Valenciana

País Valencià

Federación Judicial Argentina

Argentina

DISK

Turquia

Central Única dos Trabalhadores CUT

Brasil

Volver