SOS Sanidade Pública abordará en cidades e vilas a situación na atención á saúde mental

Culminarán o sábado 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, cun debate, ás 11:00 horas e a lectura dun manifesto ás 12:30 horas, na Praza do Toural
Nacional - 02 Out 2026

A Plataforma SOS Sanidade Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, co Movemento Galego de Saúde Mental e a Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, organizan unha Semana da Saúde Mental, na que se analizará a situación na que se atopa a atención a esta doenza na sanidade pública.

Ao longo da vindeira semana, e até o día 15, celebraranse 10 mesas de debate, en cidades e vilas de toda Galiza, en cada unha das cales participará unha persoa moderadora, de SOS Sanidade Pública, un psicólogo ou psicóloga e unha representante sindical.

A semana culminará o día 10 de outubro na Praza do Toural, en Compostela, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. Acto que se trasladará ao Centro Socio Cultural do Castiñeiriño en caso de chuvia. Ao remate da mesa de debate o escritor Suso de Toro dará lectura a un Manifesto, con motivo desta data.

Mesas de debate

5 de outubro

  • 19:00 horas.- Ribeira. Aula da Casa de Cultura
  • 20:00 horas.- A Coruña. Circo de Artesáns

7 de outubro

  • 18:30 horas.- Ferrol. Ateneo Ferrolán
  • 19:30 horas.- Vigo. Casa Galega da Cultura

8 de outubro

  • 19:00 horas.- Cangas. Salón de Plenos do concello
  • 20:00 horas.- Vilagarcía. Auditorio
  • 20:30 horas.- Marín. Museo Manuel Torres.

9 de outubro

  • 20:00 horas.- Sanxenxo. Casa Social Forestal As Canteiras-Noalla

10 de outubro

  • 11:00 horas.- Compostela. Praza do Toural (CSC Castiñeiriño, se chove)
  • 12:30 horas.- Lectura do Manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

15 de outubro

  • 19:30 horas.- Ourense. Salón de Actos do Edificio Sindical