Suspéndense as mobilizacións tras acordar a readmisión do traballador de ambulancias de Lalín

Fora dado de baixa tras unha incapacidade sen asignarlle un novo posto de traballo

Lalín -

A FGAMT-CIG comunica que tras alcanzarse un preacordo para a readmisión de Pablo Taboada, traballador da base de ambulancias do 061 de Lalín e delegado da CIG, suspéndese a manifestación prevista para este xoves en Chantada e o resto de mobilizacións programadas.

Desde a FGAMT-CIG agradécese ao cadro de persoal da súa base, ao resto dos traballadores e traballadoras da área santaria de Santiago e de todo o país o apoio e disposición para a mobilización na defensa da decisión inxusta e arbitraria de Ambulancias Quiroga, SL, que o dera de baixa na empresa sen adaptarlle o posto de traballo ante unha incapacidade permanente que lle impedía conducir a ambulancia. Tamén a comités de empresa e compañeiros e compañeiras doutros sectores que tiñan manifestado o seu apoio á readmisión e a súa participación na manifestación. 

Unha vez máis demóstrase que a loita e a solidariedade de clase son invencibles. 

Volver