Terceira xornada de peche do Comité de Ferroatlántica

Cee -

O Secretario Nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas 'Tupi', e o responsábel de enerxía da Federación, Fernando Blanco, achegáronse esta mañá até o Concello de Cee para trasladar o apoio á loita que desenvolven os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica en contra da venda das centrais hidroeléctricas.

Esta é a terceira xornada do peche indefinido que o comité mantén no salón de plenos do concello e pola tarde (ás 18:30 horas) haberá de novo concentración diante da casa consistorial. Protestas na que o persoal anima a toda a veciñanza a participar para demostrar o sentir unánime da comarca "contra esta operación especulativa".

Volver