Terceiro día de folga no Concello de Lugo

Lugo - 19 Dec 2018

Traballadoras e traballadores do Concello de Lugo realizaron na mañá deste mércores unha concentración ás portas da casa consitorial para esixir a retirada da nova RPT por inxusta e ineficaz e que se abra un proceso de negociación con toda a representación sindical. O persoal está en folga dende o luns e seguirá co paro até o venres, día no que se volverá mobilizar ás portas do Concello.