Terrorismo imaxinario: novas detencións do que non existe

Iñaki Alrui - 28 Xun 2019

Vivimos nun estado no que hai un declarado interese por facer que creamos situacións inexistentes que serven para incriminar e castigar os “outros” , @s que pensan diferente ou cuestionan o réxime do 78

 

 Semella que o Estado español tras a desaparición de ETA necesita buscar perigosos inimigos. De montaxe en montaxe, de inxustiza en inxustiza vai dando saltos, dramáticos para @s afectad@s, buscando crear inimigos inexistentes baixo o cualificativo de “terrorista” que tanto xogo deu para cometer centos de tropelías contra as liberdades e os Dereitos Humanos.

 Esta pasada fin de semana a armada mediática anunciaba aos catro ventos a detención de varios membros da organización terrorista (?) Resistencia Galega: Joám Manuel, Miguel, Assunçom e Antom, aos que de inmediato se aplicou todo o protocolo que significa que neste país te cualifiquen de “terrorista”(1).

 Por máis que un intenta pescudar na tranquila Galiza á procura de información de actividades violentas de grupos armados, o resultado é NADA. O único que se pode atopar son disidentes... cidad@s que opinan contracorrente do estabelecido, independentistas, anarquistas, librepensadores. Disidentes necesarios de calquera sistema que se denomine democrático(2).

 Unha escueta nota de prensa: “A Garda Civil detivo este sábado en Vigo (Pontevedra) os considerados líderes do grupo terrorista Resistencia Galega Antón García Matos, alias «Toninho», e Asunción Losada Camba, ambos na clandestinidade desde 2006.

Fontes da loita antiterrorista confirmaron a Efe o arresto en total de catro persoas durante a fin de semana. Ás detencións dos máximos responsábeis súmanse as de dous colaboradores: un deles tamén foi arrestado o sábado en Vigo e o outro, este domingo en Oxén (Ourense)”.

 Despois desa nota e sen ningunha comprobación por parte dos mass media escribiuse moita ciencia ficción de formato mediocre, e tamén se repetiu na santa televisión: Terroristas, terroristas, terroristas. Só unhas poucas, pero ilustradas, voces en redes sociais(3) ergueron a voz contra este novo linchamento político-mediático.

 Un personaxe nada sospeitoso como o maxistrado Sáez Valcárcel cuestionou en diversas ocasións as condenas cara á disidencia galega, acusacións sen probas ou procedementos xudiciais irregulares, e así consta xa nunha sentenza de 2014 [Clic sobre as imaxes].

 Vivimos nun estado no que hai un declarado interese por facer que creamos situacións inexistentes (4-5) que serven para incriminar e castigar os “outros” , @s que pensan diferente ou cuestionan o réxime do 78. Non faltan exemplos, o máis recente o de Catalunya e a resposta do estado desde o mesmo 1 de outubro de 2017, ou os rapaces de Alsasua que axiña cumprirán 1.000 días de cárcere por unha pelexa nun bar, Valtonic no exilio, Hasel perseguido. Sen esquecer o peligrosísimo Nahuel que, despois de todas as acusacións co estigma de “terrorista” e o seu paso de máis dun ano e medio na cadea, ficou en liberdade e sen cargos. Alfon, Operación Rabuña, Casandra, Tamara, ou o macroxuízo preparado para o próximo setembro(6)... a lista faise moi longa de algo que empezamos a considerar habitual e cotián Perigosa aceptación!

 Esta pasado fin de semana (7) uns activistas e independentistas foron acusados de pertenza a unha organización terrorista finxida, o silencio ante esta barbaridade é preocupante, a min dáme medo. Quen serán os seguintes?

 Non podemos seguir aceptando esta tolemia represiva, feita método. A nosa solidariedade é necesaria Non aceptemos!

_____________________________________________________________________________

Notas:

1.- Terrorismo gallego
2.- ¿Existe Resistencia Galega o es un bulo de Gobierno?
3.- @jonathanmartinz
4.- El PPdeG llevará la iniciativa de condena a Resistencia Galega a diputaciones, Parlamento, Congreso y Senado
5.- AGE y BNG rechazan condenar a Resistencia Galega en el Parlamento autonómico
6.-¿Que hemos hecho para merecer semejantes peticiones?
7.- Causa Galiza denuncia a detençom de independentistas galegos e reclama a sua liberdade imediata

_____________________________________________________________________________

 

[Artigo tirado do sitio web Lo que somos, do 18 de xuño de 2019]