Todo o que non sabe sobre Venezuela

Alfredo Serrano Mancilla -

Venezuela é o oitavo país do mundo con maior cantidade de reservas probadas de gas; o primeiro en petróleo; en ouro, o valor das súas reservas supera o PIB de Chile ou Dinamarca; en ferro, o valor supera o PIB de México ou o Estado español; en diamantes, a cifra é maior ao PIB de Paraguai ou Bolivia; e, aínda por riba, recentemente se demostrou que hai moito coltán no seu territorio

 Nestes tempos de ditadura da conxuntura, afloran os expertos sabe-o-todo. Porén, a maioría deles non aprobaría o máis mínimo test de coñecemento do obxecto en cuestión. Con escasas excepcións, daqueles que escriben ou falan sobre Venezuela ningún ten a máis remota idea de se Lara é unha cidade ou un Estado, e moito menos de onde queda xeograficamente. Ou sexa, falta un pouco de base para se aventurar a dar leccións.

 

 Co fin de emendar certos erros de vulto que condicionan as análises e comentarios, se mo permiten, velaquí algúns datos “descoñecidos” para contribuír á mellor saúde do debate global sobre Venezuela:

 

  1. Juan Guaidó foi electo polo mesmo órgano electoral co cal se elixiu o Presidente Maduro. Guaidó obtivo 97.492 votos en Estado de Vargas no ano 2015.

 

  1. A Organización dos Estados Americanos non recoñeceu a Guaidó como presidente de nada. Fíxoo o seu secretario xeral pola súa conta e risco, mais non os seus estados membro como bloque. Nacións Unidas tampouco recoñeceu a Guaidó; e así o deixou saber claramente nunha carta publicada o seu secretario xeral, António Guterres, que deu o seu visto e prace a dar axudar humanitaria en tanto fose solicitada polo actual Goberno. O papa Francisco tampouco se sumou ao proposto por Trump sobre Guaidó ante unha pregunta explicita feita por unha xornalista no voo de volta de Panamá. Países de certa importancia xeopolítica, como China, Rusia, Turquía, Irán, México e Sudáfrica, tampouco validan a opción doutro presidente que non sexa Maduro. Non todos os países da Unión Europea (UE) se suman ao descoñecemento de Maduro. Até o momento non o fixeron Italia, Grecia, Romanía, Irlanda, Bulgaria, Chipre, Malta e Eslovaquia. Outro dato: a xefa da diplomacia europea, a italiana Federica Mogherini aceptou estar en Montevideo este 7 de febreiro para iniciar o diálogo no seo do grupo de contacto internacional sobre Venezuela. Pola súa banda, o Parlasur, o parlamento do Mercosur, tampouco considerou de ningún xeito a existencia doutro presidente que non sexa Maduro. E non esquezamos a Comunidade do Caribe, CARICOM, que tampouco recoñece a Guaidó.

 

  1. Venezuela é o oitavo país do mundo con maior cantidade de reservas probadas de gas; o primeiro en petróleo; en ouro, o valor das súas reservas supera o PIB de Chile ou Dinamarca; en ferro, o valor supera o PIB de México ou o Estado español; en diamantes, a cifra é maior ao PIB de Paraguai ou Bolivia; e, aínda por riba, recentemente se demostrou que hai moito coltán no seu territorio.

 

  1. En termos de propiedade, o 98,5% das empresas constituídas en Venezuela son privadas; 0,5% son mixtas e 1% completamente públicas. E outro dato: o 80% dos medios de comunicación en Venezuela son privados.

 

  1. Segundo un artigo en The New York Times, de acordo coas estimacións do goberno de Trump, as novas sancións custaranlle á economía venezolana 11.000 millóns de dólares en ingresos perdidos do petróleo. E isto súmase aos efectos xa consumados de decretos previos. O primeiro foi o de Obama, aprobado o 9 de marzo de 2015, onde se anunciaron as primeiras sancións contra Venezuela con base no “risco extraordinario” para a seguridade dos EUA. Despois viñeron moitos máis, xa coa administración Trump en marcha.

 

  1. No século XXI, Venezuela diversificou as súas relacións económicas e política. E China convértese nun dos seus principais socios. Por exemplo, Venezuela representa o 40% do financiamento que Pequín concede a toda América Latina. Rusia e Turquía tamén son chave nestas novas alianzas.

 

  1. Ás veces esquécesenos que Venezuela ten fronteira con Estados Unidos regulada polo Tratado de Límites marítimos de 1978, que fixa os límites marítimos entre as illas de Venezuela no Mar Caribe e os territorios dependentes de Estados Unidos (Porto Rico e Illas Virxes).

 

 

Son algúns elementos significativos que debemos considerar á hora de xulgar o que está pasando sobre Venezuela. A partir de aí, facer análise cara a adiante convértese nun exercicio altamente complexo. O único certo é que cada vez que Estados Unidos fala de axuda humanitaria, a cousa non acaba ben. Oxalá esta vez todo quede na mesma guerra que Trump declarou contra Corea do Norte, no muro que endexamais se puido construír na fronteira mexicana. Veremos.

 

 

[Artigo tirado do sitio web Celag, do 7 de febreiro de 2018]

Volver