Traballadores de M3 mobilízanse para esixir o cobro dos seus salarios

As Pontes -

Traballadores de M3, subcontrata de Imasa, desenvolveron unha concentración este xoves nas portas da central térmica das Pontes para denunciar que levan mes e medio sen cobrar. Este persoal, unhas 30 persoas, foi subcontratado para facer traballos nas obras de mellora na central de Endesa e nestes momentos xa foron despedidos.

Dende a CIG-Industria de Ferrol denuncian a precaria situación na que se atopan -algúns deles nin sequera son da zona- polo que demanda de M3 (que os contratou directamente) ou subsidiariamente de Imasa e Endesa que se fagan cargo deste persoal e se proceda ao pago inmediato dos salarios adebedados.

Volver