Unha concorrida manifestación percorre as rúas do Carballiño para reclamar unhas condicións de traballo dignas en GRI Towers

A nova xornada de folga na empresa ourensá tivo unha vez máis un seguimento practicamente total
O Carballiño - 16 Abr 2019

Centos de persoas participaron hoxe no Carballiño na manifestación convocada polo comité de empresa de GRI Towers Galicia, transnacional que fabrica compoñentes para o sector eólico, co obxectivo de reclamar unhas condicións de traballo dignas e esixirlle á dirección que cumpra os acordos acadados na mesa de negociación. A protesta, que arrincou ás 11:30 horas dende a Praza Roxa e rematou diante do Concello, coincidiu cunha nova xornada de folga que volveu ter un seguimento practicamente total.

Ao remate da protesta, unha delegación do comité de empresa foi recibida polo alcalde da localidade ourensá para abordar o conflito laboral.