Unha representación da CIG participou no XII Congreso da União de Sindicatos do Porto/CGTP-IN

O secretario comarcal de Vigo interveu no encontro sindical que tivo lugar o venres
Vigo - 26 Out 2020

Unha representación da CIG, integrada polos secretarios comarcal e de organización de Vigo, Alberto Gonçalves e Anxo Igrexas, participou este venres no XII Congreso da União de Sindicatos do Porto/CGTP-IN. O máximo responsábel da CIG-Vigo interveu no encontro para expresar o compromiso internacionalista da central e a súa aposta polo sindicalismo non pactista, ao tempo que incidiu na vixencia da loita de clases e na necesidade de sumar forzas no campo popular da man de "sindicatos irmáns" como a União de Sindicatos do Porto/CGTP. O encontro serviu tamén para que os responsábeis sindicais galegos mantivesen un encontro informal coa nova secretaria xeral da CGTP-IN, Isabel Camarinha.