Urbaser Santiago convoca ao comité a unha xuntanza o luns día 8, a unha semana do inicio da folga

O persoal agarda que se avance na resolución do conflito e se atendan as súas demandas
Compostela - 05 Mai 2023

Urbaser Santiago, concesionaria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo de Santiago, púxose este xoves en contacto co presidente do comité de empresa para convocar unha xuntanza co comité para este luns día 8, ás 17:00 horas.

O comité agarda que nesta reunión se atendan as reivindicacións que o persoal vén facendo desde hai meses respecto de cuestións como o cumprimento do convenio colectivo e dos acordos extra-convenio, que teñen a mesma validez.

Confían en que, deste xeito, se resolva o conflito e non se chegue a facer efectiva a convocatoria de folga indefinida que, do contrario, se iniciaría o día 15 de maio.