Vídeos da xornada "A soberanía, alternativa á ditadura do mercado"

A xornada de debate, decorrida o pasado 5 de outubro, formou parte dos Encontros Internacionais polos “Dereitos dos pobos de Europa”

Os secretarios xerais de ELA (Euskadi), Adolfo Muñoz, CSC (Catalunya), Carles Sastre e CIG, Paulo Carril, afirmaron na xornada de debate decorrida o pasado 5 de outubro na Fundación ONCE da Coruña a necesidade de pular pola soberanía dos nosos respectivos pobos como fórmula para defender os dereitos das maiorías fronte á ditadura dos mercados, nun camiño superador do capitalismo.

Podes ver aquí os vídeos coas súas intervencións, xunto á do antropólogo Andrés Piqueras, da Universitat Jaume I de Castelló, que tamén participou na xornada.

Intervención de Paulo Carril (CIG)
Intervención de Adolfo Muñoz (ELA)
Intervención de Carles Sastre (CSC)
Intervención de Andrés Piqueras (Universitat Jaume I de Castelló)

Volver