Xornada de paros e mobilización contra os abusos laborais en Teleperformance

Demandan a retirada das sancións, o cese dos descontos e as presións e o dereito á desconexión dixital
A Coruña - 30 Nov 2020

Traballadora e dos traballadores de Teleperformance están secundando a xornada de paros parciais de dúas horas convocadas para este luns en demanda da retirada das sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange, que afectan a 5 persoas, o cese dos descontos nas nóminas, que se lle dea ao persoal os equipos e a formación necesaria e que se cumpra o dereito á desconexión dixital.

Os paros, de dúas horas, desenvólvense de 11 a 13h na quenda de mañá e de 18 a 20h na da tarde. Ademais, coincidindo coa folga da mañá, o persoal desenvolveu unha concentración diante das oficinas de Teleperformance no Polígono da Agrela (A Coruña).

O comité explica que se acordou convocar esta xornada de mobilizacións tras os infrutuosos intentos de chegar a acordos coa dirección para resolver as distintas problemáticas que padece o persoal, agravadas dende o inicio da emerxencia sanitaria e a implementación do traballo a distancia con medios escasos. Neste senso, o comité denuncia que Telepeformance "continúa aproveitando a crise sanitaria da Covid-19 para explotar e sancionar os seus traballadores e as súas traballadoras".

De feito, a pesar de que a Inspección de Traballo xa lle requiriu para que deixara de aplicar descontos nas nóminas do persoal incidencias técnicas que son responsabilidade da empresa dadas as deficiencias cos que se implantou o teletraballo, a empresa continúa aplicando estes recortes salariais e presionando as traballadoras e traballadores para que recuperen ditos tempos.

Xunto a isto, nas últimas semanas, Teleperformance impuxo a cinco empregados/as sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange e que se dea ao persoal a formación necesaria.

De igual maneira, o comité reclama que a empresa facilite un teléfono móbil e a correspondente liña "se quere que o persoal empregue o móbil para traballar, ademais de facilitar os equipos necesarios para teletraballar". E nesta liña, que se garanta o dereito á desconexión dixital do persoal como a establece a lei, de maneira que se traballe só durante a xornada laboral e non tamén fóra desta.