Xuntanza no Instituto da Transición Enerxética para abordar o peche da central das Pontes

Terá lugar este xoves, día 7 de setembro, a partir das 10:30 horas
As Pontes - 06 Set 2023

Unha representación da federación de Industria da CIG, encabezada polo seu secretario nacional, Xoán Xosé Bouzas, na que tamén participarán Alberte Amado, da CIG-As Pontes e Fernando Branco, responsable de Enerxía da CIG, participará mañá, na xuntanza convocada no Instituto para a Transición Xusta, en Madrid, as 10:30 horas.

A xuntanza, convocada pola Directora Xeral do Instituto, Laura Martín, e na que tamén estará representada Endesa, ten como obxectivo abordar a situación xerada a consecuencia do peche da central térmica das Pontes.

A CIG levará, como elementos centrais a tratar, todo o relativo á cuestión laboral; a análise da situación dos proxectos anunciados para a comarca, e aínda non materializados, e o mantemento do nó de evacuación coa capacidade actual.