Zeltia Burgos reelixida responsábel nacional da CIG-Autonómica na VIII Asemblea do sector

Asumiuse o compromiso de loitar na defensa dos servizos públicos e polos dereitos do seu persoal

Nacional -

O sector da CIG-Administración Autonómica celebraba este sábado, día 21 de maio, a súa VIII Asemblea baixo o lema  “Emprego e servizos públicos de calidade. Loitando polos dereitos para avanzar” e reelixía a Zeltia Burgos como responsábel nacional. Unha xornada na que se elixiron ademais ás persoas que conforman a Executiva Nacional; a Dirección Nacional e ás representantes do sector na dirección nacional da CIG-Administración.

Deste xeito, a nova Executiva queda conformada por:

Zeltia Burgos

Aser Lidia Tobío Martínez

Alexandre Prieto Giráldez

Olga Vilasánchez Seoane

Uxío Zabala Iglesias

Marta Regueiro Abel

Mar Peteira Cabana

Pasan a formar parte da Dirección Nacional do Sector:

Fernando García Fernández

Rosa Fernández Muñoz

Consuelo Fernández Fernández

Roberto Varela Gestal

María Luísa Alonso González

Manuel Gallardo Canitrot

Manuela Rodríguez Gamallo

Carme Viso Rubín

Catia Vázquez Cortinas

Mª Socorro González Otero

Rocío Trastoy García

Luzdivina Rebollal Juanes

Azuzena Gavín Reigada

Antonio Fernández Domínguez

Xosé Ramón Vázquez Rodríguez

Ademais, representarán ao sector, na Dirección Nacional da CIG-Administración:

Cristina Terrón Pérez

Bernardina Porral Mosquera

Rodolfo Docampo Abalde

Uxío Zabala Iglesias

Nieves Somoza López

Mar Peteira Cabana

Recuperar os dereitos do persoal da administración autonómica

Na súa intervención de clausura, Zeltia Burgos denunciou que desde a última asemblea, hai 4 anos, o sector padeceu recortes, lesivos pactos “levados a cabo por outras organizacións”, a pandemia e políticas de persoal que obrigaron a “facer de parapeto das persoas empregadas públicas”. Unha situación diante da que a nova dirección se comprometeu, como dixo a reelixida responsable nacional, “a seguir facendo esta tarefa de trincheira”, mais tamén a lanzar un proxecto de recuperación de dereitos “co que afrontar os anos de loita que imos ter por diante”.

Así apuntou como obxectivos recuperar a negociación colectiva, “rota polo pacto CCOO-UGT-Xunta co Acordo de Concertación” que “imitando o pacto social que teñen no goberno estatal, venden ao persoal empregado público autonómico”. Unha situación que empeorou coa pandemia, que a Función Pública “veulle moi ben” para “facer e desfacer”, “amparada tras as cámaras das videoconferencias”.

Xunto a isto chamou a oporse “frontalmente á perda de dereitos que supón a funcionarización, chapuza do persoal laboral ao que deixan sen convenio colectivo” e a mobilizarase por un acordo marco que regule as condicións laborais nestas condicións especiais de traballo.

Por iso clamou contra o “maltrato” e a “precaridade” no sector público” e rexeitou, con contundencia “os contratos de dúas horas, as rebaixas nos dereitos de conciliación que xa nos outorga a lei, as suspensións de contrato para aforrar vacacións e non imos aguantar que a temporalidade sexa endémica, que os salarios queden esmagados ante o custo da vida ou que se paralice durante anos a mobilidade e promoción do persoal”.

Loita contra a externalización

Canda isto, advertiu de que a CIG continuará a combater a externalización de funcións do persoal, como xa fixo coa denuncia que derivou na ilegalización da privatización de funcións propias de persoal de Cultura a Tragsatec, que obrigou á Xunta a crear as prazas na RPT.

Privatización de funcións de persoal que se está a dar tamén para a elaboración dos informes e a tramitación dos Fondos de Recuperación e Resiliencia ou para os procesos de autorización “para a venda dos recursos do noso país a proxectos de eólicas, extractivas e mineiras ou implantación da industria máis contaminante” e que Burgos denunciou. Unha situación diante da que denunciou que “nin a terra da nin as xentes da Galiza estamos en venda, e os funcionarios e funcionarias somos a única garantía de imparcialidade no procedemento”.

Defensa dos servizos públicos

Zeltia Burgos avanzou que a CIG tampouco permitirá que servizos públicos esenciais como as residencias de maiores publicas “se entreguen directamente a fondos de inversión privados que se benefician a custo da calidade do servizo como  estamos a ver cada dia nos medios, maltrato continuados as persoas máis vulnerábeis ou os falecementos masivos e faltas de coidados na covid. Ou a costa dos nosos cativos e cativas como coa privatización da nova escola Galiza infantil do Consorcio na Guarda”.

Apostou por unha administración de calidade e eficaz que considerou que será imposíbel sen empregadas públicas con dereitos, unha carreira profesional xusta e inclusiva, concursos de traslados permanentes e a eliminación da “dedocracia”, ademais de recuperar dereitos conxelados e gañar outros.

A responsable nacional do sector concluíu lembrando que “somos unha organización conformada polas afiliadas e delegados que imos fortalecer o traballo sindical cunha perspectiva de loita colectiva, cunha actitude activa na defensa do emprego publico e dos servizos que aportamos toda a sociedade galega. Inclusivas fronte ao corporativismo, colectivas fronte ao individualismo, activas fronte a actitude pasiva a que nos abocan os tempos”.

Volver