A CIG vén de acadar o 50% dos delegados e delegadas a elixir nas eleccións a representantes das traballadoras e traballadores nos hospitais da Esperanza e da Rosaleda. É dicir, 9 delegados e delegadas dos 18 elixibles. A CIG-Saúde de Compostela valora moi positivamente estes resultados e entende que son “froito dun traballo ben feito” e consecuencia do “esforzo e tempo invertido na defensa dos dereitos das e dos profesionais por parte dos nosos delegados/as sindicais”.
RESULTADOS:
|
A ROSALEDA
|
|
|
CIG
|
UGT
|
CCOO
|
|
COLEXIO DE TÉCNICAS/OS
|
5 (71%)
|
1 (16%)
|
1 (13%)
|
|
COLEXIO DE ESPECIALISTAS
|
1 (62%)
|
1 (25%)
|
|
|
A ESPERANZA
|
|
|
CIG
|
UGT
|
CCOO
|
|
COLEXIO DE TÉCNICAS/OS
|
3 (41%)
|
2 (26%)
|
3 (33%)
|
|
COLEXIO DE ESPECIALISTAS
|
1
|
1
|
|
Xosé Manuel Marcote, secretario comarcal da CIG-Saúde salienta que este foi un proceso electoral marcado pola “hostilidade” da Dirección do hospital A Rosaleda. “Unha Dirección que vende propaganda e merca vontades, que preme e intimida aos traballadores/as e que se aproveita da súa profesionalidade e responsabilidade no seu traballo”.
Xunto a isto denuncia a falta de previsión, organización e formación na pandemia do coronavirus, así como a falta de persoal para substituír e as condicións de traballo.
Entende que foi isto o que levou ás delegadas e delegados de CIG-Saúde a unha serie de reivindicacións porque diante desta situación “non podemos aceptar calar ou permanecer pasivos”. Marcote afirma que valeu a pena facer un esforzo para mellorar as condicións de traballo e que “só é cuestión de ter un pouco de coraxe. O único que fixemos foi prender un raio de luz nunha escuridade onde as cousas sucedían mais non se vían, e ninguén se decataba, o que implicaba a que o persoal se deixase levar polo que outros dicían”.
O secretario comarcal da CIG-Saúde lembra que a central sindical deu ademais apoio no plano sindical, xurídico e testemuñal ao persoal despedido por falta grave “por denunciar as cláusulas abusivas dos contratos”. Xunto a isto subliña o papel da presidenta do comité e delegada da CIG polas iniciativas presentadas, grazas ao que “conseguiu melloras, como que as e os profesionais conten cunha quenda anual para poder conciliar vida familiar e laboral; suprimir ou anular cláusulas abusivas dos contratos, como que o persoal tivera que estar dispoñible os 365 días ou melloras nas condicións de traballo nos distintos servizos, como avaliación de riscos psicosociais.