A CIG consolídase como primeira forza sindical en COASA ao obter 118 votos e 5 representantes no comité

Ourense - 27 Xul 2026

Nas eleccións sindicais celebradas en COASA, empresa aeronáutica situada no parque tecnolóxico de Galiza en Ourense, a candidatura da CIG obtivo 118 votos. A central volveu ser a lista máis votada, a pesar de só presentar candidatura no colexio de especialistas, e obtivo 5 das 13 persoas delegadas que se elixían ao comité.

A CGT obtivo 97 votos e 5 representantes (4 no colexio de especialistas e 1 persoa no de persoal técnico), mentres que a UGT recibiu 33 votos e logrou 3 delegados/as (2 no colexio de especialistas e 1 no de persoal técnico).

Deste xeito, a composición final do comité queda conformado por 5 representantes da CIG, 5 da CGT e 2 da UGT.

A sección sindical da CIG quere agradecerlle ás compañeiras e compañeiros o apoio recibido, e reafirma o seu compromiso a manterse na mesma liña de traballo que a desenvolvida nos últimos catro anos na procura de mellorar as condicións do conxunto das persoas traballadoras de COASA.