A CIG gaña as eleccións en ElectroRayma e Kaefer

A central consolida a súa representación en ambas empresas

Ferrol -

A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas nas empresas Electrorayma  e Kaefer, ambas as dúas da comarca de Ferrolterra. En Electrorayma (do sector do metal), a central nacionalista obtivo catro delegados/as, consolidando así a representación nesta compañía, mentres que CCOO sacou tres e UGT dous.

En Kaefer (auxiliar de Navantia) a CIG pasou de contar cun único representante a lograr tamén catro delegados/as dun comité de nove, o que constitúe un importante incremento con respecto ao anterior proceso electoral e un aval á acción sindical desenvolvida nestes anos. A candidatura da USTG conseguiu tres representantes, un a do CSIF e un a de UGT.

Volver