A CIG gaña as eleccións sindicais celebradas en REFESA

As represalias da empresa non impediron que o candidato da central sindical, despedido por este motivo, obtivera a maioría dos votos dos seus compañeiros

A Coruña -

A FGAMT-CIG gañou as eleccións sindicais celebradas o pasado venres na empresaREFESA (Remolcadores Ferrolanos, SA), obtendo a maioría dos votos o traballador despedido o pasado mes de febreiro como represalia por presentarse como candidato da central nacionalista.

Desde a FGAMT-CIG agradecen aos traballadores desta empresa a confianza e o apoio mostrado na candidatura da central sindical e do compañeiro que a encabeza. Igualmente, queren agradecer ao traballador represaliado “a valentía demostrada para defender os dereitos dos compañeiros, até o punto de custarlle o posto de traballo, e que agora mesmo, se atopa á espera de xuízo”.Desde a CIG volveuse esixir de REFESA a readmisión inmediata deste traballador, advertíndolle “que non irnos consentir que utilicen o despedimento como medida de presión para someter aos compañeiros desta empresa, e que tomaremos as medidas oportunas para mudar esta situación”.

Mäis información sobre este conflito:

Concentración pola readmisión dun traballador que REFESA despediu logo de se presentar na candidatura da CIG

Volver