A CIG gaña as eleccións sindicais en Intasa As Pontes

A central obtivo tres dos cinco representantes que se elixían
As Pontes - 18 Dec 2018

A CIG vén de gañar as eleccións sindicais no centro de traballo que Intasa ten nas Pontes, ao obter 3 dos/as 5 representantes que se elixían, e iso a pesar de que só presentou candidatura no colexio de operarios/as. Os outros dous delegados saíron elixidos pola UGT.

Aínda que esta era a primeira vez que se celebraban eleccións nesta fábrica, dende CIG  destacan a elevada participación, xa que dun cadro de persoal de 73 persoas votaron 70. No colexio de operarios/as, no que a central presentou candidatura, de 56 traballadores/as participaron 55, obtendo a CIG 40 votos, 2 foron en branco e 13 para a UGT.

Deste xeito, o comité de empresa queda conformado por 3 representantes da CIG e 2 de UGT.

A CIG agradece a confianza depositada polos traballadores/as na súa candidatura, avalada por estes resultados, e reafirman o compromiso na loita pola defensa dos dereitos do do persoal desta empresa, dedicada á fabricación de parqué.