A CIG-Industria de Vigo convoca unha asemblea aberta de traballadores/as para abordar a grave crise do sector

No encontro, que se celebra este martes no local do sindicato ás 19:00 horas, analizarase en especial a situación no naval
Vigo - 14 Out 2019

A federación de Industria da CIG de Vigo convoca unha asemblea aberta a todos/as os traballadores/as para abordar a grave crise que atravesa a industria, un sector fundamental para a economía e o emprego da comarca. No encontro, que terá lugar no local do sindicato na cidade (rúa Gregorio Espino, 47) ás 19:00 horas, analizarase en especial a situación do naval (Barreras, Vulcano e industria auxiliar).