A federación de Industria da CIG volve gañar as eleccións sindicais na ITV de Ourense

Os dous candidatos da central obtiveron o apoio maioritario do persoal da concesionaria, SyC
Ourense - 23 Mar 2017

A federación de Industria da CIG de Ourense volveu gañar as eleccións sindicais que se veñen de celebrar na empresa Supervisión y Control (SyC), concesionaria do servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV). Os dous candidatos da central obtiveron o apoio maioritario dos traballadores/as.

O cunxunto do cadro de persoal apoiou maioritariamente os dous candidatos da CIG, que obtiveron 23 e 22 votos fronte aos 18 que recibiu o representante da UGT nas eleccións sindicais que tiveron lugar o pasado luns 20 de marzo en SyC, empresa concesionaria da ITV, situada no polígono industrial de Pereiro de Aguiar.

Dende a CIG-Industria valoran moi positivamente o resultado do proceso, xa que amosa o apoio dos empregados/as á acción sindical desenvolvida pola central. “Comprometémonos a seguir loitando pola mellora das condicións tanto económicas como sociais de todo o persoal da empresa”, rematan.