A CIG lanza o material gráfico da campaña contra a represión sindical en Coren

Anima a usar en redes sociais o cancelo #StopRepresiónSindicalCoren
Ourense - 27 Xun 2019

A CIG vén de lanzar o material gráfico da campaña contra a represión sindical no grupo ourensán Coren. A central deseñou cartaces e colantes co lema "Stop represión sindical en Coren" que comezará a distribuír nos vindeiros días, ao igual que o panfleto no que denuncia o acoso por parte da dirección aos candidatos/as da central e o despedimento dun deles.

A campaña incluirá, ademais do recurso xudicial contra a rescisión do contrato por vulneración do dereito de liberdade sindical, mobilizacións, pegada de carteis e reparto de información en centros de traballo e tendas de Coren e en establecementos dalgúns dos seus principais clientes. Dende a CIG animan tamén a utilizar en redes sociais o cancelo #StopRepresiónSindicalCoren.

NOVA RELACIONADA: A CIG inicia unha campaña contra a represión sindical en Coren tras o despido dun dos seus candidatos