A CIG logra os tres delegados de persoal que se escollían en Galictio

A empresa, auxiliar de Navantia, dedícase á montaxe de andamios

Ferrol -

Nas eleccións sindicais que se celebraron o pasado venres 17 de setembro, a CIG acadou os tres delegados de persoal na empresa Galictio, SA, dedicada á montaxe de andamios e auxiliar de Navantia, logrando así a totalidade dos/as representantes que se elixían.

A Federación de Industria da CIG en Ferrol agradécelle aos traballadores e ás traballadoras de Galictio a confianza depositada no modelo sindical da CIG e reafirma o compromiso na defensa dos dereitos do conxunto do persoal.

Volver