A CIG volveu gañar as eleccións sindicais no Hospital QuirónSalud da Coruña (Santa Teresa) e incrementou a súa representación ao pasar de 6 a 10 delegadas/os, nun comité integrado por 13 persoas. Deste xeito, a CIG obtén a maioría absoluta da representación e continúa fortalecendo a súa posición como primeira forza sindical na sanidade privada da provincia.
Por colexios, no de persoal técnico a CIG obtivo 185 votos e 9 delegadas/os mentres que a UGT sacou 66 votos e 3 representantes. No de especialistas, a CIG conseguiu o representante en liza ao lograr 6 votos polos 3 que obtivo a UGT. Deste xeito, na porcentaxe total, as candidaturas da central nacionalista recibiron o 73,46% dos votos emitidos, mentres que as de UGT tiveron o 26,56%.
|
|
CIG
|
UGT
|
|
|
Votos
|
Delegadas
|
Votos
|
Delegadas
|
|
Colexio de persoal técnico
|
185
|
9
|
66
|
3
|
|
Colexio de especialistas
|
6
|
1
|
3
|
0
|
|
Total
|
191
|
10
|
69
|
3
|
Para a CIG, este contundente resultado avala a acción sindical realizada nos últimos catro anos en demanda dunhas condicións dignas para todo o persoal do hospital e na defensa dos dereitos das e dos traballadores. Ademais, estas eleccións danse en pleno conflito coa patronal e ás portas da primeira xornada de folga na sanidade privada da Coruña por un convenio digno.
Por iso, a CIG entende que estes resultados constitúen unha vitoria fronte á patronal do sector, porque "construíndo esta maioría a parte social reforza a súa posición na loita por un convenio digno" e confirman a aposta do persoal pola conflitividade e a mobilización como ferramenta para mellorar as condicións salariais e laborais.