A CIG organiza un acto en memoria de Begoña Caamaño, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

A Unión Comarcal de Vigo poralle o nome da escritora ao salón de actos do local do sindicato
Vigo - 12 Mai 2026

A CIG celebrará este mércores 13 de maio en Vigo a partir das 19:00 horas un acto en lembranza de Begoña Caamaño Rascado, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2026. A central sindical aproveitará o encontro para poñerlle o nome da xornalista, escritora e activista ao salón de actos do local do sindicato, en recoñecemento tamén á labor sindical desenvolvida por Caamaño, que foi presidenta do comité interempresas da CRTVG pola CIG.

O acto no que intervirán Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG-Vigo; Beatriz Caamaño, integrante da executiva comarcal do sindicato; e Marta Dacosta, docente, escritora e sindicalista da CIG, servirá para poñer en valor a traxectoria vital de Caamaño -cuxa infancia transcorreu precisamente no barrio do Calvario- como “exemplo de loita e dignidade, xornalismo comprometida co país, muller combatente e referente da literatura galega”. 

Caamaño foi presidenta do comité da CRTVG pola CIG

Neste senso, o secretario comarcal da CIG de Vigo explica que con esta iniciativa preténdese ademais “recoñecer a súa vida de compromiso coa palabra libre, a cultura galega, os dereitos das mulleres e a xustiza social”, tal e como se recolle na placa que se vai colocar durante a homenaxe no salón de actos da central sindical.