A CIG valora moi positivamente os resultados acadados nas eleccións sindicais celebradas este venres na empresa de Arzúa Toldos Gómez, máis tendo en conta que é a primeira vez que consegue presentar candidatura. Os resultados foron, ademais, abrumadores, xa que das/os cinco representantes posibles, a central sindical obtivo catro.
A central sindical valora moi positivamente tamén a alta participación, xa que emitiron o seu voto o 95% das traballadoras e traballadores obtendo o apoio do 70%, isto é 59 votos, fronte aos 25 de UGT.
A CIG-Compostela comprométese a utilizar esta maioría para mellorar as condicións laborais, salariais e sociais das traballadoras e traballadores aos que agradece a confianza depositada.
RESULTADO
|
ESPECIALISTAS
|
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
CIG
|
44
|
3
|
|
UGT
|
7
|
0
|
|
TÉCNICOS
|
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
CIG
|
15
|
1
|
|
UGT
|
18
|
1
|