A CIG revalida a primeira posición nas eleccións sindicais da empresa Vertifil Industrial de Pontevedra

A central obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité
Vigo - 28 Xan 2016
A Confederación Intersindical Galega (CIG) revalidou a primeira posición nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía pontevedresa Vertifil Industrial, ao obter catro dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa.

A CIG é por terceira vez consecutiva a central vencedora nas eleccións sindicais en Vertifil Industrial, empresa da localidade pontevedresa de Moraña pertencente ao grupo Celtic e dedicada ao sector téxtil.

O sindicato nacionalista é maioritario no comité dende o primeiro proceso electoral celebrado na compañía. Nesta ocasión obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían, mentres que a UGT fíxose con un.

Dende a central amosaron o seu agradecemento aos traballadores/as que confiaron nos seus candidatos/as, ao comité de empresa anterior "e a todas as persoas que integraron a nosa candidatura”.