A CIG sobe en votos e obtén 2 delegados/as máis nas eleccións sindicais de Administración de Xustiza

Faltan por computar os datos de Ourense, onde están pendentes de celebrarse

Nacional -

A falta dos resultados da provincia de Ourense, onde están pendentes de celebrarse as eleccións sindicais por mor dunha reclamación con respecto a unha candidatura, a CIG subiu en votos e obtivo 2 delegados/as máis nas eleccións sindicais celebradas na Administración de Xustiza.

Na provincia da Coruña a central sindical duplicou votos e subiu 1 delegado; en Lugo pasou a ser a primeira forza sindical e en Pontevedra mantivo as/os mesmos que nas anteriores eleccións sindicais. Deste xeito, e a falta de celebbrarse o proceso en Ourense, a CIG pasa a ser a 3ª forza sinidical con 9 delegadas e delegados.

Desde CIG-Xustiza agradecen a súa participación a todas as persoas que votaron nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Administración de Xustiza, nomeadamente a aquelas que depositaron a súa confianza na central sindical.

Vistos os resultados, agás en Ourense que aínda non se celebraron, CIG- Xustiza
manifesta que “o apoio recibido nos vai facer un pouco máis fortes, e
esa forza ímola empregar coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu
crítico, en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos , en
tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que a xustiza do
noso país mellore e sexa un mellor servizo público”.

O responsábel nacional do sector Xesús H. Sánchez asegura que, en todo caso, “toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado, esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector, do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza”.

Volver