A FGAMT-CIG logra os 5 representantes que se escollían no comité de Transportes Olano Galicia

Sumou a práctica totalidade dos votos na empresa de Cambados

Cambados -

A FGAMT-CIG de Pontevedra fíxose cos 5 delegados/as que se escollían no comité de empresa de Transportes Olano Galicia, con sede en Cambados, ao obter a práctica totalidade dos votos no proceso electoral que se vén de celebrar.

Transportes Olano é unha das principais compañías do sector de transporte por estrada de todo o Estado, e no nos país emprega a arredor de 60 persoas. Dende a central adiantan que continuarán a defender os dereitos laborais e a reclamar melloras nas condicións de traballo do conxunto do cadro de persoal.

“Nós seguiremos na loita para dignificar o transporte por estrada, non como fan outros sindicatos -CCOO, por exemplo-, que se dedican a presentar para delegados a xefes (como no caso de Autocares García Castro) ou a familiares dos xefes (como en Transportes Montes Orozco)”, denuncian dende a FGAMT-CIG de Pontevedra.

Volver