A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Lugo- A Mariña elixe a Xoán Díaz novo secretario comarcal

Tamén se renovou a Executiva e elixíronse as persoas para o Consello federal e a Dirección comarcal
Lugo - 30 Xun 2022

A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Lugo- A Mariña elixiu este mércores  a Xoán Manuel Díaz Branco como novo secretario comarcal. No proceso tamén se escolleron as persoas que conforman a nova Executiva comarcal da federación en Lugo-A Mariña, así como as persoas que representan a comarca no Consello federal da CIG-Servizos e á Federación na  Dirección comarcal  do sindicato en Lugo.  

Executiva comarcal da CIG-Servizos

Deste xeito, a nova Executiva de Servizos de Lugo -A Mariña queda integrada polas seguintes persoas:

1.- Xoán M. Díaz Branco

2.- Carme Antas Pérez

3.- Vanesa Ramíres Valdés

4.- Miguel A. Núñez Méndez

5.- Cristina López Fernández

6.- Asunción Castiñeira Fernández

7.-  Xosé Paz Fernández

O novo secretario sinalou que “na federación apostamos por continuar na liña de traballo destes anos, presentando unha candidatura de consenso para poder centrarnos no verdadeiramente importante que é responder a todos os ataques que estamos sufrindo como clase traballadora e moi especialmente en moitos dos sectores que abranguen a nosa federación”.

Así, subliñou que “na negociación colectiva temos importantes retos como son dar dunha vez por todas un convenio digno ao sector da Axuda no Fogar, reforzar o convenio da Limpeza de Lugo, así como rescatar do esquecemento varios convenios vencidos e nos que aínda non fomos quen de sentar a patronal a negociar. Díaz afirma que ademais da negociación colectiva, “o noso traballo fundamental debe ser o día a día, a acción sindical".

Por unha banda, explica, "a nivel administrativo nos locais, con asesoramento e coas medidas legais que sexan pertinentes, pero sobre todo na rúa, combatendo todos os ataques, incumprimentos e perda de dereitos que estamos sufrindo como clase traballadora non só por parte de moitas empresas senón tamén por un sistema que nos afoga, especialmente nestes momentos onde a inflación  nos impide ter uns mínimos de calidade de vida e de capacidade de aforro".

As persoas da federación que formarán parte da dirección comarcal son:

1.- Xoán M. Díaz Branco

2.- Carme Antas Pérez

3.- Diego Fernández Martínez

4.- Miguel A. Núñez Méndez

5.- Cristina López Fernández

6.- Asunción Castiñeira Fernández

7.- Elba Sobrado Abraira

As persoas escollidas para formar parte do Consello federal da CIG-Servizos son:

1.- Xoán M. Díaz Branco

2.- Carme Antas Pérez

3.- Xosé Paz Fernández

4.-  Miguel A. Núñez Méndez

5.- Cristina López Fernández