Malia ter descendido o número de persoas inscritas como desempregadas nas oficinas do SEPE en Galiza nun 0,67% con respecto a outubro, 962 persoas paradas menos, a afiliación á Seguridade Social descendeu nun total de 1.092. Unha baixada que se dá en todas as provincias agás na Coruña que, segundo apunta o secretario confederal de Emprego da CIG, Francisco González Sío, “non implica que haxa máis emprego” á vista dos datos de afiliación. Máis porque esa caída da afiliación se dá, sobre todo, entre as mulleres cando é precisamente entre elas entre as que máis cae o desemprego: 900 persoas.
|
|
|
|
Evolución
|
|
Afiliación á Seguridade Social
|
|
2022
|
Mensual
|
|
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
A coruña
|
453.517
|
453.537,14
|
20
|
0,00
|
|
Lugo
|
124.180
|
123.097,81
|
- 1.082
|
-0,87
|
|
Ourense
|
104.131
|
104.313,76
|
183
|
0,18
|
|
Pontevedra
|
366.872
|
366.658,81
|
- 213
|
-0,06
|
|
Total
|
1.048.700
|
1.047.608
|
- 1.092
|
-0,10
|
Fonte: Seguridade Social
O importante descenso da afiliación na provincia de Lugo, e, en moita menor medida en Pontevedra, leva a esa importante caída da afiliación neste último mes. Datos que son pouco significativos en Ourense e A Coruña. “É moi preocupante que xusto na Provincia de Lugo, que ten unha poboación asalariada pequena sufra un descenso tanto grande na afiliación á Seguridade Social, de nin máis nin menos 1.082 persoas que abandonan o mercado laboral”, subliña Sío.
Ademais, o secretario confederal de Emprego chama a atención sobre a falta de concordancia coa evolución do desemprego, xa que este tamén descende, o que implica que se traduciu nunha saída do mercado de traballo. Tan só na provincia de Ourense, descende o desemprego e medra a afiliación.
A provincia da Coruña, onde aumentou a afiliación á Seguridade Social, foi a única na que aumento do desemprego, o que Francisco González Sío considera que se debe a unha menor afluencia, dada a época do ano na que estamos, de turistas no Camiño de Santiago.
|
Poboación parada por provincias
|
|
|
Evolución
|
|
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
A coruña
|
57.105
|
57.129
|
24
|
0,04
|
|
Lugo
|
13.879
|
13.717
|
- 162
|
-1,17
|
|
Ourense
|
16.840
|
16.446
|
- 394
|
-2,34
|
|
Pontevedra
|
55.896
|
55.466
|
- 430
|
-0,77
|
|
Total
|
143.720
|
142.758
|
- 962
|
-0,67
|
Fonte: SEPE
A pesar de que en termos absolutos onde máis diminuíu o desemprego foi en Pontevedra, en termos relativos é a provincia de Ourense onde se rexistra a maior caída.
Por sexo, a maior caída do desemprego rexistrase entre as mulleres, cun 1,08% menos de desempregadas que en outubro. Entre os homes apenas hai variación. Tamén neste caso a afiliación á Seguridade Social evoluciona en sentido oposto, baixa entre as mulleres e medra entre os homes.
|
|
|
|
Evolución
|
|
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
Sexo
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
Homes
|
59.512
|
59.459
|
- 53
|
-0,09
|
|
Mulleres
|
84.208
|
83.299
|
- 909
|
-1,08
|
|
Total
|
143.720
|
142.758
|
- 962
|
-0,67
|
Fonte: SEPE
A meirande parte do descenso do desemprego prodúcese no sector Servizos, e en menor medida en Industria.
|
|
|
|
Evolución
|
|
Sectores
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
S primario
|
4751
|
4774
|
23
|
0,48
|
|
Industria
|
15.016
|
14.789
|
- 227
|
-1,51
|
|
Construción
|
9.871
|
9.924
|
53
|
0,54
|
|
Servizos
|
102.143
|
101.278
|
- 865
|
-0,85
|
|
Sen emprego anterior
|
11.939
|
11.993
|
54
|
0,45
|
|
Total
|
143.720
|
142.758
|
- 962
|
-0,67
|
Fonte: SEPE
Por grupos de idade, tan só aumentou o desemprego entre os menores de 25 anos.
|
|
|
|
Evolución
|
|
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
Idade
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
Menor 25
|
5.804
|
5.963
|
159
|
2,74
|
|
De 25 29
|
10.827
|
10.743
|
- 84
|
-0,78
|
|
De 30 a 44
|
42.460
|
41.905
|
- 555
|
-1,31
|
|
Maior de 45
|
84.629
|
84.147
|
- 482
|
-0,57
|
|
Total
|
143.720
|
142.758
|
- 962
|
-0,67
|
Fonte: SEPE
Vistos os datos, e tendo en conta que no que atinxe á contratación, continúa a tendencia dos meses anteriores, o secretario confederal de Emprego conclúe que nestes cadros plásmanse os “tics” do mercado laboral. “Ao estar tan baseado no sector Servizos, o que sucede é que os grupos máis precarios: mulleres e xente moza, aínda nunha situación que parece de relativa bonanza vense castigados por igual pola febleza do mercado laboral”.