Sindicatos e patronal das residencias de maiores e centros de día chegan a un preacordo sobre o convenio

Será sometido á asemblea do persoal este luns 28 no edificio CERSIA de Santiago ás 17:00 horas
Nacional - 25 Mar 2022

As organizacións sindicais e patronais das residencias privadas de terceira idade e centros de día acadaron hoxe, tras 10 horas de negociación -coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais-, un preacordo sobre o convenio colectivo que deberá ser sometido á valoración das traballadoras/es do sector.

Deste xeito, as organizacións sindicais convocarán ao persoal para este luns día 28 no edificio CERSIA ás 17:00 horas para que sexan as traballadoras e traballadores quen tomen a decisión última sobre os avances conseguidos no convenio colectivo. Avances que teñen como obxectivo dignificar as súas condicións salariais e laborais e dos que se dará conta no caso de que sexan ratificados.