CIG-Saúde denuncia listas de espera dun ano para as consultas de oftalmoloxía no Hospital de Monforte

Monforte - 26 Xan 2023

A CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia que a lista de espera para poder acudir á consulta de oftalmoloxía é dun ano. Actualmente o centro hospitalario conta con catro oftalmólogas, pero só se pasan tres consultas. Por iso, propoñen que se habilite outra consulta co fin de axilizar a lista de agarda, xa que isto reduciría considerabelmente ditas listas.

O responsábel local da CIG-Saúde, Vicente Vázquez, explica que nestes momentos se están a facer tres peonadas ao mesa polas tardes, "pero aínda así é totalmente insuficiente para reducir as listas, polo que demandamos á dirección que habilite outra consulta á maior brevidade posíbel".

De igual xeito, a CIG-Saúde tamén solicita unha renovación do material, xa que os equipos de oftalmoloxía para revisar as e os doentes "teñen xa máis de 20 anos".