• Nova

Comunicado da CIG-Servizos de Ferrol ante a situación en Segur Ibérica

A Federación aclara que hai traballadores/as que aínda non cobraron
Ferrol - 14 Nov 2016

Ante os diferentes rumores e noticias na prensa sobre a situación en Segur Ibérica, a CIG-Servizos de Ferrol aclara que non é certo que todos os traballadores/as teñan cobrado as súas nóminas, tal e como asegura a empresa e outras centrais sindicais.

Despois de varias xestións realizadas pola Federación houbo traballadores e traballadoras que si puideron cobraron o salario, pero "aínda queda moito persoal" que non recibiu o soldo, polo que a CIG-Servizos continúa coas xestións para axilizar os cobros.

Doutra banda, diante do anuncio de procedemento de despedimento colectivo por parte de Segur Ibérica, a Federación de Servizos tentará por todos os medios sentar na mesa de negociación e subliña que permanecerá "vixilante a calquera movemento da empresa, dando información puntual e veraz até" en todo momento.