Constituída a mesa de negociación do convenio dos Centros de Chamadas

A CIG segue a pular por un marco galego de negociación

Nacional -

O pasado día 28 de novembro celebrouse a primeira xuntanza para a negociación do convenio de Centros de Chamadas. Un convenio estatal que provoca que as xuntanzas se celebren en Madrid e condiciona o número de representantes da mesa, en función da representatividade estatal. Fronte a isto, a CIG, maioritaria en Galiza, defende un marco galego de negociación, para que non se afaste a toma de decisións; para que a negociación sexa máis beneficiosa para o persoal dos centros de chamadas e para que a representatividade se axuste á realidade galega.

A mesa de negociación quedou constituída do seguinte xeito:

 

CCOO

5 representantes

UGT

4 representantes

CGT

3 representantes

CIG

1 representante

ELA

1 representante

LAB

1 representante

 

Nesta xuntanza quedou fixada ademais a data da vindeira, que terá lugar o 27 de xaneiro. Data na que cada un dos sindicatos representados na mesa, así como a patronal, presentarán as súas propostas.

 O obxectivo da CIG, nesta mesa de negociación á que asistirá unha compañeira traballadora e delegada dun Centro de Chamadas en Galiza, é dar voz as reivindicacións de todas as traballadoras e traballadores do sector no noso país.

Para facilitar a participación na confección da plataforma de convenio que se defenderá na mesa de negociación, a CIG está facendo chegar unha enquisa a todas a straballadoras e taballadores do sector para que se trasladen aquelas cuestións que máis preocupan no traballo, as que causen maiores problemas, as que se consideren de maior relevancia e sobre as que máis interesa ao persoal que se centre a negociación que comezamos.

A central sindical anuncia tamén que informará puntualmente de todas as novidades que se vaian producindo.

Volver