Convocada concentración diante centro de Saúde de Coia ante a situación extrema de Primaria

A CIG-Saúde de Vigo chama a sumarse á mobilización o martes, día 17, ás 11:00 horas
Vigo - 13 Ago 2021

Ante a situación extrema que está a vivir a atención primaria, a CIG-Saúde de Vigo fai un chamamento a sumarse á concentración que terá lugar o vindeiro martes, día 17 de agosto, ás 11:00h diante do Centro de Saúde de Coia.

Denuncia o deterioro da atención primaria provocada pola mala xestión da consellaría de Sanidade, que fai que a situación das profesionais sexa de total desesperación.

Lembra que usuarios/as e profesionais estamos do mesmo lado, defendemos unha atención sanitaria digna e de calidade ao mesmo tempo que esixe que o persoal poida desenvolver a súa actividade profesional de xeito digno e con calidade.