Descenso da afiliación á Seguridade Social e máis contratos asinados a pesar da evidente caída da actividade. Estes son algúns dos datos do paro rexistrado que reflicten a elevada precariedade e eventualidade que as reformas laborais instalaron no mercado do traballo e que as medidas adoptadas dende o inicio da pandemia están a afondar.
Os últimos datos do paro rexistrado sitúan o número de persoas en situación de desemprego en Galiza en 176.574, un 0,2% menos que no mes anterior -na media estatal o descenso foi do 0,69-; o que en termos absolutos significa 26.329 persoas menos. Porén hai que ter en conta que o goberno segue sen contabilizar como desempregadas as persoas que están en situación de ERTE, polo que para ter unha imaxe máis acertada da realidade sociolaboral teríamos que sumarlle a esas 176.574 desempregadas/os, as 218.758 persoas que están nunha regulación.
Deste xeito, salienta o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Francisco Xabier Cartelle, estaríamos falando de 395.392 galegas e galegos que nestes intres non están traballando e destas persoas tan só 127.390 perciben algunha prestación do SEPE. Neste punto fai especial fincapé na baixada do 1,6% na contía da prestación contributiva media, que nestes momentos está nos 792,3€/mes.
| |
Persoas ERTE
|
Persoas desempregadas
|
Total
|
|
A Coruña
|
70.543
|
72.177
|
142.720
|
|
Lugo
|
16.656
|
17.419
|
34.075
|
|
Ourense
|
20.572
|
19.709
|
40.281
|
|
Pontevedra
|
89.106
|
67.329
|
156.435
|
|
Outros
|
21.881
|
|
21.881
|
|
Total
|
218758
|
176.574
|
395.332
|
"As medidas tardías e inxustas postas en marcha polo goberno diante da pandemia teñen deixado no desemprego a gran cantidade de persoas, condenadas a subsistir na precariedade e na eventualidade", advirte. Cartelle denuncia, ademais, que é a propia clase traballadora a que ten que sufragar, vía cotizacións e impostos, as coberturas sociais, mentres que as empresas gozan de enormes bonificacións.
Xunto a isto, pon a atención nos miles de traballadores e traballadoras eventuais que dende o inicio da pandemia están no desemprego e que xa remataron a prestación, mais aos que non se lle dan solucións nin se lles aplican as condicións máis beneficiosas aprobadas para as persoas en ERTE. Ao tempo, continúan os problemas para o cobro das prestacións do persoal en ERTE, que nalgúns casos xa comezaron a consumir o tempo de desemprego.
Situación anómala do mercado laboral
Para avaliar os datos do paro rexistrado, hai que ter en conta tamén que a situación anómala que estamos padecendo non permite unha comparación rigorosa dos datos con anos anteriores. Sirva como exemplo a evolución do sector servizos que, de maneira habitual, no mes de setembro sofre un forte repunte no desemprego a consecuencia da fin das contratacións ligadas ao período estival.
Como neste verán o número de contratacións foi moi escaso, agora a perda de emprego tamén resulta moito menor. De feito, a nivel sectorial o desemprego descendeu na industria (-4,46) e na construción (-2,79%), mentres que no sector servizos sufriu un leve incremento do 0,15%.
|
Evolución das persoas desempregadas por provincias
|
| |
Febreiro
|
Agosto
|
Setembro
|
Mensual
|
Stembro/febreiro
|
|
A Coruña
|
66.516
|
72.553
|
72.177
|
- 376
|
5.661
|
|
Lugo
|
16.265
|
17.276
|
17.419
|
143
|
1.154
|
|
Ourense
|
18.397
|
19.701
|
19.709
|
8
|
1.312
|
|
Pontevedra
|
65.051
|
67.421
|
67.329
|
- 92
|
2.278
|
|
Total
|
66.229
|
76.951
|
76.574
|
- 377
|
10.345
|
Como vén sendo habitual, a contratación rexistrada segue a ser maioritariamente temporal e dos 83.162 contratos rexistrados no mes de setembro tan só un 8,3% se rexistrou baixo algunha das modalidades de contratación indefinida.
|
Evolución por sectores
|
| |
Febreiro
|
Agosto
|
Stembro
|
Mensual
|
Stembro/febreiro
|
|
Industria
|
18.297
|
19.774
|
18.893
|
- 881
|
596
|
|
Construción
|
13.613
|
13.724
|
13.341
|
- 383
|
- 272
|
|
Servizos
|
114.987
|
122.005
|
122.191
|
186
|
7.204
|
É ás mulleres a quen máis está prexudicando no mercado laboral a nova situación, probabelmente pola falta de políticas de conciliación, pois as mulleres seguen a ser de xeito maioritario as que asumen as tarefas de coidados.
|
Evolución por sexo
|
|
Sexo
|
Febreiro
|
Agosto
|
Setembro
|
Mensual
|
Stembro/febreiro
|
|
Homes
|
71.438
|
75.125
|
74.357
|
- 768
|
2.919
|
|
Mulleres
|
94.791
|
101.826
|
102.217
|
391
|
7.426
|
E malia o elevado número de contratos asinados e o descenso do paro rexistrado, a afiliación á Seguridade Social segue en caída, perdéndose 1.314 persoas afiliadas.
|
Afiliación á Seguridade Social
|
| |
Febreiro
|
Agosto
|
Stembro
|
Mensual
|
Stembro/febreiro
|
|
A Coruña
|
434.745
|
429.795
|
429.306
|
- 489
|
- 5.439
|
|
Lugo
|
121.313
|
122.834
|
122.047
|
- 787
|
734
|
|
Ourense
|
102.218
|
102.579
|
102.969
|
390
|
751
|
|
Pontevedra
|
354.077
|
357.583
|
357.476
|
- 107
|
3.399
|
|
Total
|
1.012.353
|
1.012.793
|
1.011.799
|
- 994
|
- 554
|
A nivel estatal a evolución é similar, incluso continuou descendendo o desemprego no sector servizos durante o mes de setembro (-0,50%), cando tradicionalmente anotaba un importante incremento. Probablemente a maior contratación de persoal nalgunhas comunidades para reforzar o sistema sanitario e educativo por mor da covid19, compensou a caída na hostalería.
Un feito que non se está a dar en Galiza, "xa que a Xunta non está a contratar os efectivos de reforzo necesarios para afrontar a situación extraordinaria que vivimos, en ámbitos tan sensíbeis como a sanidade, o ensino, a atención á dependencia ou os servizos de limpeza, primando como sempre os criterios economicistas sobre o servizo público".
Necesidade dun Plan industrial e de aproveitamento dos recursos
Neste contexto, Francisco Cartelle reitera a necesidade de contar cun Plan Industrial para Galiza que garanta a actividade produtiva e xere emprego de calidade "e iso pasa por dar viabilidade a fábricas como Alcoa e Alu Ibérica, por adoptar medidas que garantan o futuro para as empresas electrointensivas, o sector naval ou do automóbil, e ofrecer alternativas claras ao proceso de descarbonización que vai camiño de ser un proceso de desmantelamento e destrución de emprego".
Xunto a isto, reclama a posta en marcha dun plan de aproveitamento sostíbel dos recursos naturais do país de xeito que creen valor engadido e que xeren emprego de calidade. Dúas medidas para reverter o traballo en precario xerado a consecuencia dunha lexislación laboral "que as últimas reformas foron flexibilizando e arrimando os intereses da patronal".
"Pero nin o goberno do Estado nin o da Xunta contan con estes plan para Galiza. E só tendo a soberanía precisa para dispor dos recursos e pensando no ben da maioría social poderemos recuperar dereitos para avanzar no benestar da clase obreira galega", conclúe.