Este domingo 17 de maio temos unha cita en Compostela en defensa do galego
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que fai parte a CIG, anima a converter este vindeiro domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, nunha gran mobilización fronte á negativa da Xunta a garantir os dereitos lingüísticos da súa cidadanía “coa forza, a unidade e o traballo conxunto dunha sociedade que defende o seu idioma porque sabe que é vital para a súa existencia”.
A manifestación sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12:00 horas baixo o lema ‘O galego, lingua vital’, e para facilitar os desprazamentos haberá autobuses dende todas as comarcas.
Fronte á política de apartheid do Goberno do PP contra a lingua propia de Galiza, o colectivo pon en valor a forza do pobo e a súa capacidade de resposta, que se ten plasmado no Protocolo Lingua Vital. Unha alternativa “sólida, nacida dun proceso amplo, participativo e plural sobre o que comezar a reverter a emerxencia lingüística”.
Este pacto pola lingua “é o primeiro resultado desa forza, unidade e traballo conxunto” que se visibilizará nas rúas o 17 de maio e que as entidades sociais que participan do proceso comezarán a aplicar na parte que lles corresponde "traballando conxuntamente pola oficialidade real en todos os territorios de lingua galega”.
HORARIOS DOS AUTOBUSES:
- Vigo: reserva de prazas no 986 82 79 00 até as 14:00h do venres 15 de maio.
9.45 h: Val Miñor - A Ramallosa, parada bus subida a Nigrán.
10.15 h: Vigo - Local da CIG (Avda. Gregorio Espino, 47).
10.30 h: Redondela (Chapela), na baixada antes da entrada da AP-9.
Prezo: 10 euros por persoa (agás para persoas desempregadas e menores).
- A Coruña: reserva de prazas no 981 16 98 10. Prezo 5 euros.
Saída ás 10.00h. Paradas: Campo da Leña, San Pedro de Mezonzo e SEAT Alfonso Molina.
- Ourense: reserva de prazas no 676 61 18 48 / 988 78 27 26. Prezo 5 euros.
8.15h: A Mezquita
8:30h: A Gudiña
9.00h: Verín
0.20h: Xinzo de Limia
10.00h: Ourense
10.15h: rotonda de Cea
- Ribadeo: reserva de prazas no 982 58 18 61 / 982 14 06 54.
Saída ás 8.30 h desde a estación de autobuses, con parada no Asador de Barreiros ás 8.45h.
- Ferrol: reserva de prazas no 981 35 87 50. Prezo 5 euros.
Saída ás 10.00h: local da CIG en Esteiro. Paradas habituais en Caranza, Fene e Vilar do Colo.
- Lugo: reserva de prazas no 616 95 07 78 (whatsapp) / 982 22 58 12 / 982 28 04 10.
Saída ás 9.30h: diante dos sindicatos (Ronda da Muralla).
- Pontevedra: reserva de prazas no 986 84 76 (CIG) / 986 86 62 05 (BNG).
Saída ás 10.30h dende o Pavillón Municipal dos Deportes.