
Galiza pola Paz celebra unha xornada de análise e debate arredor do imperialismo e a súa carreira armamentística

A Plataforma Galiza pola Paz, da que fai parte a CIG, celebrou esta mañá unha xornada na que especialistas na materia analizaron o imperialismo do século XXI e todas as redes tecidas entre conflictos, entre guerras, feminicidios, corrupción, xenocidios, xenofobias que, como se recolle nas conclusións “xorden, todas do mesmo sitio”.

A apertura do acto decorreu de mans do co-portavoz da Plataforma, Rafa Vilar, e ao longo do encontro abordáronse, en catro palestras, temas como “Imperialismo, OTAN e instalacións militares na Galiza”, que analizaron Susana Méndez e Alberte Branco; “Crise, guerra e aceleración do imperialismo caótico dos EUA”, asunto que debullaron Andrés Piqueras e Keina Espiñeira; “O Movemento antimilitarista galego onte e hoxe”, do que falaron Manuel Caride, Susana María Sánchez e Oscar Valadares e “A carreira belicista na Unión Europea e a alternativas” que decorreu a cargo de Pere Brunet e Marta Romero.
Romero, co-portavoz da plataforma foi a encargada de clausurar as xornadas das que Galiza pola Paz tira as seguintes conclusións:

“O imperialismo deberia estar xa caducado, estamos no século XXI e seguimos asistindo a barbaries diarias impostas polas maquinacións capitalistas de calquera estrafalaria personaxe que procura mercar a nosa curiosidade e así deixar de lado outras dinámicas menos entretidas pero máis perigosas que perpetúan o imperialismo.
Hoxe en día escoitamos o nome de Trump, e desde o Morrazo até Zanzíbar provócase unha reacción inmedianta. Pero escoitamos Quecemento Global, e parece que non pasa nada. Quédanos lonxe, é estraño. Pero todo isto ten que ver con cómo se reinventa o imperialismo.

O imperialismo xa existia antes de Trump, e continuará existindo cando este sexa retirado do panorama politico internacional Seguiranse creando personaxes que nos distraian das nosas reflexións interiones e das investigacións, que seria un dos máis eficaces remedios antiimperialistas, ademais de demostracións públicas contra o imperialismo se é que brotan de iniciativas de base. Outro grande remedio sería a vontade política, que deberia basearse en política de coidados, de paz e de xustiza social.
Actualizar o imperialismo requiere perpetuar o dominio, a intimidación e a sumisión, e están niso. As oligarquias imperialistas presentan unha fachada de paz e de razón, pero traballan activamente para promover a guerra e a dominación global.

Unha hipocresía perigosa, pois pode levar a que haxa quen crea realmente a narrativa falsa de están traballando a prol da paz e da estabilidade, cando o que buscan é consolidar o seu poder e control.
Os países do bloque imperialista, cos Estados Unidos, o Reino Unido e a Unión Europea á cabeza, son responsábeis do 70% do gasto militar global, que amosan en todos os conflitos. O seu brazo armado, a OTAN, dispón dun orzamento que ultrapasa 2% do PIB mundial e unha rede de máis de mil bases e instalacións militares en 63 países, en particular arredor daqueles que se negan a entrar no molde previsto. A OTAN opera, ademais, tropas despregadas en 165 estados.

Como se isto non fose suficiente, a presidenta da Comisión Europea presentou en marzo o plan chamado “Rearmar Europa”, para mobilizar cerca de 800 mil millóns de euros,. Gastar mellor e xuntos foron as palabras empregadas ademáis de outras como que así os estados membros poden incrementar o seu apoio militar a Ucraína. Unhas cantidades impresionantes e reveladoras da prioridade equivocada que se outorga ao gasto militar en detrimento de áreas fundamentais como educación, sanidadede, vivenda e pensións.
Tampouco se adicaron recursos para mitigar crises como a de 2008 ou a do Covid-19, con impactos devastadores na vida das persoas. Ao tempo da presentación do Plan de Rearme, o goberno do estado español, como bo súbdito, falaba de atender 3 grandes obxectivos: proporcionar estabilidade e seguridade, loitar contra o terrorismo e disfuadir e defender o territorio aliado.

Obxectivos que pretenden conseguir infundindo medos e amenazas, sen debate politico nin respeito á democracia, para os que precisa incrementar os gastos militares e chegar ao 5% do PIB (hai 3 meses era o 2%) que lle impón o binomio OTAN/UE, e que conlevará recortes sociais e involución nas liberdades básicas.
A Política militariasta do Estado español colócanos nunha situación de risco sen que teñamos control sobre as nosas decisións. A presenza de instalacións militares e a realizacion de exerciciso militares no noso teritórnio tórnannos vulnerabeis aos efeitos dunha guerra global.

Isto é especialmente grave considreando que o povo galego historicamente manifestouse pola paz e contra a OTAN. Pero non respeitan a nosa vontade. A falta de soberania nacional impidenos decidir sobre no soso destino e convértenos en comrpices involuntarias das accións do estado español. E hora de mudar esta situación e defender a soberania de Galiza. Debemos exixir que as nosas autoridades sexan responsabeis coas nosas decisión e que o noso teritorio non sexa utilizado pra fins militares que non sexan dao noso interese. ,
Con todo isto, afirmamos que o único futuro real para a humanidade é a paz. Que o único futuro posíbel para o pobo galego é a paz. Mais non esa paz que nos receita o imperialismo,. é unha paz que aínda non existe, e que deberá ser construída sobre a derrota do imperialismo, das súas lóxicas unipolares e do seu brazo armado, a OTAN.

E por iso, como Plataforma Galiza pola Paz,
- Rexeitamos a falacia da «autodefensa» pois a OTAN ten un papel imperialista e agreviso que non podemos e ignorar.
- Repudiamos a carreira armamentista da Unión Europea mediante pactos militares expansionaistas e tratados de libre comercio que benefician só ao gran capital transnacional e ás oligarquias.
- Exiximos que o goberno español adoite unha posición de neutralidade activa, reitrando de imediatamente as tropas do estado español das misións da OTAN e re negando a utilización de instalacións militares.
- Desprezamos a subordinación da Xunta de Galiza, que entrega os recursos naturais, equipamentos e instlacións da Galiza para alimentar a maquinaria bélica.
- Rexeitamos a entrega dos recursos naturais da Galiza á industria militar que perpetua o colonialismo extractivo do noso país e que impide o desenvolvemento do pobo galego (minerais da Serra do Galiñeiro, de Valdeoras ou de Doade) . Rexeitamos tamén o uso do noso país para instalacións funcionais á OTAN: o monte Iroite, os aeródromos da Lavacolla e Rozas, o porto de Ferrol, as bases de Marín e Figueirido.
- E comprometémonos, a manter unha posición pola paz e abertamente anti-OTAN, isnsitindo na súa disolución, denunciando o imperialismo e as súas violencias, exixindo a non participación do Estado español en calquera plataforma imperialista e destrutora
- Apelamos ao povo traballador galego a non deixarse enganar polo discurso belicista e alarmista do PP e do PSOE nin o dos medios de comunicación subvencionados e adoctrinados. Chamamos ao povo galego a mobilizarse pola Paz e contra a guerra”.