Galiza rexistra a maior suba do paro a nivel estatal no mes de setembro
O noso país rexistrou a maior suba do paro de todo o Estado no pasado mes de setembro, con especial incidencia en actividades do sector servizos como a hostalaría e o comercio. O que vén a evidenciar unha vez máis a febleza dun mercado laboral galego marcado pola contratación temporal e a tempo parcial e os baixos salarios “e incapaz de crear emprego de calidade que permita un futuro digno ante a carestía da vida e os elevados prezos da vivenda”, en palabras do secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.
Segundo os datos facilitados onte polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), a Seguridade Social perdeu neste período un total de 7269 afiliacións, mentres que as persoas demandantes de emprego aumentaron en 3394, un balance que reflicte as flutuacións propias do final do período estival “e que dá conta da precariedade dun número importante de postos de traballo”.
Afiliación á Seguridade Social
Afiliación á SS por ramas de actividade.
|
Total réximes (RG+RETA) |
Variación |
|||
|
Agosto |
Setembro |
Absoluta |
% |
|
|
TODAS |
1.064.559 |
1.056.826 |
-7.733 |
-0,7% |
|
SECTOR PRIMARIO |
31.052 |
31.102 |
51 |
0,2% |
|
I. EXTRACTIVAS |
1.833 |
1.831 |
-3 |
-0,2% |
|
I. MANUFACTUREIRA |
139.981 |
139.801 |
-179 |
-0,1% |
|
ENERXÍA |
1.726 |
1.730 |
4 |
0,2% |
|
AGUA |
7.715 |
7.613 |
-102 |
-1,3% |
|
CONSTRUCIÓN |
83.806 |
83.792 |
-13 |
0,0% |
|
COMERCIO |
183.545 |
180.315 |
-3.230 |
-1,8% |
|
TRANSPORTE |
53.756 |
54.992 |
1.235 |
2,3% |
|
HOSTALARÍA |
94.994 |
88.574 |
-6.420 |
-6,8% |
|
INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS |
26.975 |
27.042 |
67 |
0,2% |
|
ACT. FINANCEIRAS E DE SEGUROS |
17.195 |
17.138 |
-57 |
-0,3% |
|
ACT. INMOBILIARIAS |
4.965 |
4.947 |
-18 |
-0,4% |
|
ACTIVIDADES PROFESIONAIS |
60.864 |
60.140 |
-725 |
-1,2% |
|
ACT. ADMINISTRATIVAS |
70.118 |
72.441 |
2.323 |
3,3% |
|
ADMIN. PÚBLICA |
62.631 |
60.834 |
-1.797 |
-2,9% |
|
EDUCACIÓN |
55.331 |
58.445 |
3.114 |
5,6% |
|
ACT. SANITARIAS E DE SERV. SOCIAS |
116.696 |
115.689 |
-1.007 |
-0,9% |
A perda de emprego, especialmente no sector da hostalaría e comercio, é habitual ao finalizar a temporada de verán, e así ocorreu neste último mes, sendo estas dúas actividades as que rexistraron as maiores caídas da afiliación. Con todo, o comezo do curso escolar e a incorporación de actividades administrativas provocaron un repunte da afiliación no ensino e nestas actividades, o que mitigou en parte o descenso do emprego vinculado ao turismo.
Salvo os contratos fixos/descontinuos, as demais modalidades de contratación sufriron unha forte contracción, especialmente os temporais, que están estreitamente vinculados ás actividades relacionadas co turismo.
En definitiva, a mesma tendencia que a rexistrada en setembro do ano pasado e que vén a conformar o que a central sindical leva denunciando ano tras ano, especialmente a partir da pandemia da covid: a conformación dun mercado laboral cun cada vez maior índice de precariedade e de estacionalidade do emprego, ao que se suma unha crise económica crónica e unha dependencia do sector servizos, nomeadamente das actividades con peores condicións como a hostalaría e o comercio. De feito, o mes pasado o hostalaría rexistrou unha perda de 6420 persoas afiliadas á Seguridade Social, mentres que no comercio foron 3230 persoas.
“Neste comportamento influíu con toda seguridade a baixada do turismo derivada da vaga de lumes, o que amosa a elevada dependencia da economía galega deste sector”, sinala Sío.
Atendendo ás modalidades de contratación, rexistrouse unha forte caída dos contratos temporais a tempo parcial e a tempo completo, así como os de aprendizaxe e formación, o que ten que ver precisamente con que os sectores máis precarios e con peores condicións utilizan maioritariamente este tipo de contratos.
Os únicos contratos que medraron foron os indefinidos fixos descontinuos, “o que demostra que pese a que se crean empregos nalgunhas actividades trátase de traballo precario que non permite un salarios dignos e que impide a conciliación da vida persoal e laboral”.
Paro rexistrado.
As persoas paradas aumentaron en todas as provincias.
|
Persoas paradas |
|
|
Variación |
|
|
Agosto |
Setembro |
Absoluta |
% |
|
|
A coruña |
43.595 |
44.849 |
1254 |
2,9% |
|
Lugo |
10.660 |
11.079 |
419 |
3,9% |
|
Ourense |
13.345 |
13.902 |
557 |
4,2% |
|
Pontevedra |
42.091 |
43.255 |
1164 |
2,8% |
|
Total |
109.691 |
113.085 |
3394 |
3,1% |
Fonte: SEPE.
O medre afectou a ambos sexos.
|
Sexo |
|
|
Variación |
|
|
Agosto |
Setembro |
Absoluta |
% |
|
|
Homes |
44.206 |
45.861 |
1.655 |
3,7% |
|
Mulleres |
65.485 |
67.224 |
1.739 |
2,7% |
|
Total |
109.691 |
113.085 |
3.394 |
3,1% |
|
|
|
|
|
|
Fonte: SEPE.
O sector servizos concentrou a maioría do novo desemprego.
|
Sectores |
|
|
Variación |
|
|
Agosto |
Setembro |
Absoluta |
% |
|
|
Sector primario |
3.132 |
3.199 |
67 |
2,1% |
|
Industria |
10.555 |
10.692 |
137 |
1,3% |
|
Construción |
6.808 |
6.868 |
60 |
0,9% |
|
Servizos |
79.177 |
81.664 |
2.487 |
3,1% |
|
Sen emprego anterior |
10.019 |
10.662 |
643 |
6,4% |
|
Total |
109.691 |
113.085 |
3.394 |
3,1% |
Fonte: SEPE.