Masiva manifestación pola sanidade pública en Verín

Baixo o lema 'Non somos números, somos persoas'

Verín -

Unha masiva manifestación en defensa da sanidade pública percorreu as rúas de Verín este sábado 24 convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei, da que fai parte a CIG, baixo o lema 'Non somos números, somos persoas'. A marcha arrincou do hospital de Verín e rematou na praza Maior da localidade ourensá, traxecto que os asistentes aproveitaron para formar unha longa ringleira que simulaba as esperas que provocan os recortes sanitarios do Partido Popular.

Volver