Os altos niveis de precariedade da sanidade ourensá afondan no déficit de profesionais

A elevada temporalidade segue a ser unha constante: a duración do 92% dos vínculos ofertados dende o inicio do ano foi de menos de seis meses
Ourense - 29 Mai 2025

A política de contratación do Sergas baséase na precariedade laboral das persoas traballadoras, o que está a afondar na dificultade para atopar profesionais dispostas a incorporarse ao sistema sanitario público para cubrir ausencias. Tal e o caso de Ourense, onde a duración do 92% dos vínculos ofertados dende o 1 de xaneiro até o 25 de maio foi de menos de seis meses.

Os datos da duración dos vínculos amosan ás claras a elevada temporalidade:

TOTAL CATEGORÍAS

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

92%

1 DÍA

48%

2 A 31 DÍAS

43%

6 MESES

0,14%

1 ANO

0,09%

Unhas das categorías nas que o Sergas asegura ter déficit de profesionais son as de Enfermaría e Facultativas; mais os vínculos seguen a ser precarios, o que a bo seguro se traduce en fuga de profesionais ou no feito de que non queiran traballar sometidAs a esta política de contratación.

ENFERMARÍA

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

89%

1 DÍA

23%

2 A 31 DÍAS

64%

6 MESES

0%

1 ANO

0,56%

FACULTATIVAS

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

75%

1 DÍA

14%

2 A 31 DÍAS

50%

6 MESES

5,2%

1 ANO

0,2%

Estes “alarmantes” datos de vinculación extrapólanse ao resto de categorías:

TÉCNICAS SUPERIORES

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

94%

1 DÍA

46%

2 A 31 DÍAS

47%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

92%

1 DÍA

48%

2 A 31 DÍAS

41%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

FISIOTERAPIA

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

91%

1 DÍA

37%

2 A 31 DÍAS

52%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

CELADORAS

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

95%

1 DÍA

66%

2 A 31 DÍAS

27%

6 MESES

0%

1 ANO

0,4%

T.C.A.E.S

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

93%

1 DÍA

46%

2 A 31 DÍAS

45%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

P.S.X

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

96%

1 DÍA

68%

2 A 31 DÍAS

27%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

PINCHE DE COCIÑA

DURACIÓN VÍNCULO

PORCENTAXE

< 6 MESES

91%

1 DÍA

57%

2 A 31 DÍAS

34%

6 MESES

0%

1 ANO

0%

Como xa denunciara a CIG-Saúde en xullo de 2024, este ano o Sergas volve ofrecer vínculos que concatenan bloques de catro, seis ou oito meses, pero asinando contratos de 15 en 15 días. “Isto fai que estas profesionais non teñan dereitos, xa que quen non se poida incorporar no seu primeiro día de contrato -aínda que sexa por accidente laboral ou por enfermidade común- perde o resto de contratos aos que estaba vinculada/o”, rematan.